Novas MercaNasPontes 2015
FINALIZA A CAMPAÑA MERCA NAS PONTES
Asociación de Empresarios y Comerciantes de As Pontes, 10 de xaneiro de 2016
Os gañadores dos tres premios de 1000€ no sorteo celebrado hoxe 9 de xaneiro son:

José Manuel Romero Fontao
José López Carballeira
Vicenta Claver González

Noraboa!!!

Coa entrega destes premio dáse por finalizada a campaña de Merca nas Pontes na que se premiou a fidelidade da clientela con 3.000 euros en premios.

Desde a Asociación de Empresarios e Comerciantes quérese agradecer a colaboración a todas as entidades cooperantes e o esforzo dos establecementos participantes para levar a cabo esta iniciativa.
REMATE FINAL DA CAMPAÑA MERCA NAS PONTES 2015
Asociación de Empresarios y Comerciantes de As Pontes, 3 de xaneiro de 2016
A campaña Merca nas Pontes chega ao seu remate final o día 5 de xaneiro sendo este o último día para depositar os cupons nas furnas que cada establecemento colaborador ten. Cada cupón deberá ter catro selos distintos, cubrirá os seus datos persoais, nome e apelidos e teléfono de contacto, e depositará o cupón nunha furna que cada establecemento colaborador terá.

A organización de Merca nas Pontes realizará o sorteo dos 3 premios de 1000€ o día 9 de xaneiro no transcurso dunha cea entre os comerciantes e hostaleiros de As Pontes.

Extraeranse cupóns reserva para cada premio. ??Os cupóns gañadores publicaranse nos medios de comunicación de prensa escrita, radio e tv local, web www.mercanaspontes.com , nos establecementos participantes e na entidade organizadora.?
Merca Nas Pontes, temos todos os teus agasallos
Asociación de Empresarios y Comerciantes de As Pontes, venres 4 de decembro de 2015
A Asociación de empresarios e comerciantes pontesa aúna ao sector comercial para ofrecer aos clientes a oportunidade de gañar 3 premios de 1.000€

Desde o 5 de decembro está en marcha a campaña de Nadal Merca nas Pontes, unha iniciativa promovida pola Asociación de Empresarios e Comerciantes das Pontes en colaboración co Concello de As Pontes, á que cada ano acóllense numerosos establecementos de todo tipo da localidade, socios e non socios da entidade.

A iniciativa pretende premiar a fidelidade e confianza depositada polo cliente no comercio local.

Por iso, aproveitando estas datas, unha vez máis se leva a cabo unha acción conxunta que representa a variedade de produtos e oferta comercial que o cliente poderá atopar nas Pontes, desde encargar os doces típicos ata comprar esa peza, complemento ou agasallo para estas festas. A cambio desas compras recibirá cupons que deberá de selar en 4 establecementos que participan na campaña, para participar no sorteo de 3 premios de 1000€.

Para facilitar as compras o comercio pontés abrirá os sábados e domingos, incluído o 5 de xaneiro véspera de Reis que coincidirá co último día para conseguir selar os cupóns e ser o afortunado ou afortunada dalgún dos premios.

www.mercanaspontes.com