A campaña Merca nas Pontes nace para tratar de promovelo pequeno comercio nas Pontes que conta con diversidade suficiente como para satisfacelos desexos dos consumidores.

A campaña ten como obxetivo principal implicar a todos os establecementos calquera que sexa a súa actividade empresarial, buscando incentivalo consumo, recompensando a fidelidade dos clientes e sensibilizalos das vantaxes do pequeno comercio de proximidade.

Durante os anos que se organizou a campaña sempre se tratou de incluír algunha novidade como os sorteos semanais ou os tipos e número de premios. Foron moitos os clientes afortunados e miles de agasallos entregados: vales de compra para gastar en establecementos participantes, ceas en restaurantes locais, cestas navideñas, estancias en casas rurais, bonos en spa, viaxes fin de semana, noites de hotel... En total máis dun centenar de clientes foron premiados nestes sete últimos anos.

Todo isto pode levarse acabo co esforzo de todos os involucrados: establecementos e clientes participantes, entidades colaboradoras (administración local, medios de comunicación, asociación informática Amigus), entidade organizadora e a modo particular o autor de moitos dos carteis identificativos, o artista pontés Luis Ángel Díaz-Faes Santiago.
 

mercanaspontes


www.mercanaspontes.com