Bases MercaNasPontes 2015

ORGANIZA
Asociación de Empresarios e Comerciantes. Tfno 981 451153.
Horario de 11.00 a 13.00h

CAMPAÑA MERCA NAS PONTES 2015

Ámbito territorial e duración

A campaña de Merca nas Pontes 2015 é de ámbito municipal e terá lugar entre o 5 de decembro de 2015 e o 5 de xaneiro de 2016 (ambos inclusive).

Mecánica de participación

Cada vez que un cliente realice unha compra ou tome unha consumición nun establecemento colaborador, sellaraselle un cupón que consta de tres selos para establecementos comerciais e un selo para hostalería, catro selos en total por cupón.

Para participar no sorteo, o cliente deberá selar íntegramente cada cupón con catro selos distintos, cubrirá os seus datos persoais, nome e apelidos e teléfono de contacto, e depositará o cupón nunha furna que cada establecemento colaborador terá.

Non serán válidos, e polo tanto non poderán ser premiados, aqueles cupóns que non estén íntegramente cubertos cos catro selos necesarios (3 de comercio máis 1 de hostalería), ou aqueles que repintan o nesmo selo máis dunha vez.
Tampouco poderán optar a premio aqueles cupóns nos que non se faciliten os datos de contacto.

Premio

Sortearanse 3 premios de mil euros (1.000€) cada un.

Sorteo

A organización de Merca nas Pontes realizará o sorteo o día 9 de xaneiro no transcurso dunha cea entre os comerciantes e hostaleiros de As Pontes.

Extraeranse dous números reserva para cada premio.

??Os números gañadores publicaranse nos medios de comunicación de prensa escrita, radio e tv local, web www.mercanaspontes.com , nos establecementos participantes e na entidade organizadora.?

Reclamación e dispoñibilidade do premio

O prazo para a reclamación do premio será dunha semana desde a súa publicación. De non aparecer a persoa agraciada, pasarase ao primeiro número reserva extraído e así sucesivamente.

O prazo de reclamación será tamén dunha semana despois da publicación.

?O incumprimento dos prazos marcados pola entidade organizadora constitúen causa suficiente para que o/a gañador/a do premio perda o todo dereito a reclamalo.

?A entidade organizadora resérvase o dereito a non aceptar o cupóns premiados que estean deteriorados, ilexibles, manipulados ou conseguidos mediante fraude, roubo o mala fe.

?Unha vez que se acepte o premio, e o/a gañador/a estea acreditado/a, terá un prazo de 15 días para realizar as compras en calquera dos establecementos participantes.

Haberá un gasto máximo por establecemento que será de 200€ para cada premio de 1.000€.

?Os premios obxecto da presente campaña en ningún caso poderán ser obxecto de compensación en metálico a petición dos gañadores.
?
A aceptación ou renuncia do premio farase por escrito. No caso de renuncia do premio corresponderalle ao seguinte número reserva.

Publicidade

Na web www.mercanaspontes.com informarse de todo o relativo coa campaña.

?Todos os participantes na campaña (establecementos e gañadores) autorizan que os seus nomes (nome comercial no caso do establecemento ou nome e apelidos no caso do/a gañador/a) sexan publicados nos medios de comunicación (prensa escrita, radio e tv local, web relacionada coa campaña e as correspondentes redes sociais) co fin de divulgar a promoción.

No caso do/a gañador/a a difusión da súa imaxe será autorizada polo/a afectado/a.

Tratamento dos datos

De conformidade coa Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro, de Protección de datos de carácter persoal, informamos que os datos persoais recollidos terán como fin a tramitación necesaria ante as administracións públicas correspondentes para a comunicación dos gañadores e liquidación de impostos.

Fiscalidade

A entidade organizadora aplicará aos premios desta promoción a lexislación fiscal vixente.

Aceptación das bases

A participación na campaña Merca nas Pontes 2015, implica a aceptación de todas e cada unha das presentes bases, así como o criterio da entidade organizadora na resolución de calquera conflicto que puidera xerar a interpretación das mesmas.

?Aqueles participantes que incumpran calquera condición de participación incluída nas presentes bases serán excluídos.?

A entidade organizadora non será responsable dos danos e prexuízos que se deriven da operativa, excepto que os mesmos sexan ocasionados por unha actuación neglixente ou dolosa da entidade organizadora.?

A entidade organizadora terá plena potestade para interpretar, aclarar e modificar total ou parcialmente as presentes bases, sen incorrer por iso en responsabilidade algunha.

Depósito das bases

As bases completas están depositadas ante notario. Tamén poderanse consultar na oficina da entidade organizadora.

Entidade organizadora

A Asociación de empresarios e comerciantes. Tfno de contacto: 981451153 (horario de 11.00 a 13.00h de luns a venres). Mail: asocempresariosdaspontes@gmail.com


www.mercanaspontes.com