top bottom
Bases MercaNasPontes 2014

ORGANIZA
Asociación de Empresarios e Comerciantes. Tfno 981 451153.
Horario de 9.00 a 13.00h

CAMPAÑA MERCA NAS PONTES 2014

Ámbito territorial e duración
A campaña de Merca nas Pontes 2014 é de ámbito municipal e terá lugar entre o 9 de decembro de 2014 e o 9 de xaneiro de 2015 (ambos inclusive).

Mecánica de participación
Para participar no sorteo, o cliente realizará compra ou gasto nalgún dos establecementos participantes na campaña Merca nas Pontes 2014, entre o 9 de decembro e o 9 de xaneiro, ambos inclusive, e pola que recibirá gratuitamente rifa para participar no sorteo. O cliente deberá gardar a rifa ata o día do sorteo para comprobala co número extraído e, de resultar coincidente, reclamar o premio.
Será decisión do titular do establecemento o número de rifas a entregar pola compra ou gasto realizado.

Premio
Sortearanse 3 premios de mil euros (1.000€) cada un.

Sorteo
O sorteo realizarase o día 10 de xaneiro ante directivos de entidade organizadora e público asistente.
Extraeranse dous números reserva para cada premio.
Os talonarios non vendidos non entrarán no sorteo.
Os números gañadores publicaranse nos medios de comunicación de prensa escrita, radio e tv local, web www.mercanaspontes.com , nos establecementos participantes e na entidade organizadora.

Reclamación e dispoñibilidade do premio
O prazo para a reclamación do premio será dunha semana desde a súa publicación. De non aparecer a persoa agraciada, pasarase ao primeiro número reserva extraído e así sucesivamente. O prazo de reclamación será tamén dunha semana despois da publicación.
O incumprimento dos prazos marcados pola entidade organizadora constitúen causa suficiente para que o/a gañador/a do premio perda o todo dereito a reclamalo.
A persoa que teña a rifa gañadora non estará condicionada á adquisición de producto ou servicio algún para recibir o premio.
A entidade organizadora resérvase o dereito a non aceptar o uso de rifas premiadas que estean deterioradas, ilexibles, manipuladas ou conseguidas mediante fraude, roubo o mala fe.
Unha vez que se acepte o premio, e o/a gañador/a estea acreditado/a, terá un prazo de 15 días para realizar as compras en calquera dos establecementos participantes.
Haberá un gasto máximo por establecemento que será de 200€ para cada premio de 1.000€.
Os premios obxecto da presente campaña en ningún caso poderán ser obxecto de compensación en metálico a petición dos gañadores.
A aceptación ou renuncia do premio farase por escrito. No caso de renuncia do premio corresponderalle ao seguinte número reserva.

Publicidade
Na web www.mercanaspontes.com informarse de todo o relativo coa campaña.
Todos os participantes na campaña (establecementos e gañadores) autorizan que os seus nomes (nome comercial no caso do establecemento ou nome e apelidos no caso do/a gañador/a) sexan publicados nos medios de comunicación (prensa escrita, radio e tv local, web relacionada coa campaña e as correspondentes redes sociais) co fin de divulgar a promoción. No caso do/a gañador/a a difusión da súa imaxe será autorizada polo/a afectado/a.

Tratamento dos datos
De conformidade coa Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro, de Protección de datos de carácter persoal, informamos que os datos persoais recollidos terán como fin a tramitación necesaria ante as administracións públicas correspondentes para a comunicación dos gañadores e liquidación de impostos.

Fiscalidade
A entidade organizadora aplicará aos premios desta promoción a lexislación fiscal vixente.

Aceptación das bases
A participación na campaña Merca nas Pontes 2014, implica a aceptación de todas e cada unha das presentes bases, así como o criterio da entidade organizadora na resolución de calquera conflicto que puidera xerar a interpretación das mesmas.
Aqueles participantes que incumpran calquera condición de participación incluída nas presentes bases serán excluídos.
A entidade organizadora non será responsable dos danos e prexuízos que se deriven da operativa, excepto que os mesmos sexan ocasionados por unha actuación neglixente ou dolosa da entidade organizadora.
A entidade organizadora terá plena potestade para interpretar, aclarar e modificar total ou parcialmente as presentes bases, sen incorrer por iso en responsabilidade algunha.

Depósito das bases
As bases completas están depositadas ante notario. Tamén poderanse consultar na oficina da entidade organizadora.

Entidade organizadora
A Asociación de empresarios e comerciantes. Tfno de contacto: 981451153 (horario de 9.00 a 13.00h de luns a venres). Mail: asoc.empresarios@mercanaspontes.com


www.mercanaspontes.com