Novas MercaNasPontes 2013
< 2 de 5 >
Primeiros premiados da Campaña Merca nas Pontes
Asociacion Empresarios de As Pontes, mércores 15 de xaneiro de 2014
Dos tres premios que se sortearon o pasado 11 de xaneiro da campaña Merca nas Pontes xa apareceron as dúas primeiras persoas premiadas. Trátase de Mª del Carmen Suárez que tiña o número 53.545 do establecemento Deportes Lecar 712 e a que lle corresponde o premio de 1.500€ e a segunda persoa é Mª Jesús Fernández, posuidora do número 45.177 do establecemento Regalos Sulián e que lle corresponden 500€.

Polo tanto, agora falta por aparecer a persoa do número 51.697 do establecemento Deko Logas e que esta premiado con 1.000€. O prazo para reclamar este premio é ata o 20 de xaneiro ata as 13.00h na oficina da Asociación de Empresarios e Comerciantes.
< 2 de 5 >

www.mercanaspontes.com