top bottom
Bases MercaNasPontes 2013

ORGANIZA
Asociación de Empresarios e Comerciantes. Tfno 981 451153.
Horario de 9.00 a 13.00h

ÁMBITO
A campaña é de ámbito municipal.

DURACIÓN
Do 9 de decembro de 2013 ao 5 de xaneiro de 2014.

ESTABLECEMENTOS PARTICIPANTES

Poden participar todo tipo de establecementos independentemente da súa actividade econômica, sexa asociado/a ou non.

Considerarase establecemento participante aquel que realice o pago do material promocional adquirido no local da Asociación.


MODO DE PARTICIPACIÓN PARA CLIENTES

Poderá participar calquera persoa que realice compra ou gasto nos establecementos adscritos á campaña entre o 9 de decembro e o 5 de xaneiro e nos que se lle entregarán rifas gratuitamente.
O cliente poderá identificar ao establecemento participante polo cartel anunciador da campaña.
O cliente deberá gardar as rifas xa que son o único medio de comprobación. Debe asegurarse de que a rifa leva o selo do establecemento participante, do contrario non será válida para reclamar o premio.
Os/as empresarios/as participantes na campaña tamén terán dereito a recibir rifas na súa condición de cliente.

SORTEO

Haberá un único sorteo a celebrar o 11 de xaneiro.
Só entrarán no sorteo as rifas vendidas a través da Asociación.
Elixiranse tres números máis os seus correspondentes reserva.

Os números serán publicados nas webs www.amigus.org e www.mercanaspontes.com, nos medios de comunicación e nos establecementos participantes.

PREMIOS

Un premio de 1.500€
Un premio de 1.000€
Un premio de 500€

Reclamación do premio:
A Asociación resérvase o dereito a non aceptar o uso de rifas premiadas que estean deterioradas, ilexibles ou conseguidas mediante fraude, roubo o mala fe.

O prazo para a reclamación do premio será dunha semana desde a súa publicación. De non aparecer a persoa agraciada, pasarase ao primeiro número reserva extraído e así sucesivamente. O prazo de reclamación será tamén dunha semana despois da publicación.

No caso de non aparecer o agraciado dentro dos prazos establecidos a directiva da entidade tomará a decisión que estime oportuna.

Para reclamar o premio a persoa posuidora da rifa terá que presentarse na oficina da Asociación, en horario de 9.00 a 13.00h de luns a venres, en caso contrario pódese poñer en contacto coa entidade para concertar outro horario e procederase á comprobación e anotación dos datos persoais.
O gañador do premio pode rexeitalo asinando a correspondente renuncia pasando o premio ao número reserva.
A rifa, unha vez comprobada e selada pola Asociación, servirá como acreditación ante os establecementos cando o gañador realice as compras.
O establecemento pode solicitarlle esa acreditación ao cliente e verificar os datos poñéndose en contacto coa Asociación.

GASTO DO PREMIO

O/a gañador/a terá de prazo 15 días para realizar as compras nos establecementos participantes. Para iso, unha vez feita a verificación daráselle unha lista dos establecementos adscritos e será o mesmo gañador o que leve conta do gasto, debendo anotar os importes (IVE incluído) a gastar en cada establecemento. Posteriormente debe comunicalo á Asociación.
Haberá un gasto máximo por establecemento que variará dependendo do importe do premio: máximo de 200€ para os premios de 1.500 e 1.000 e un máximo de 100€ para o premio de 500.
No caso de que se exceda do importe do premio o/a gañador/a pode corrixilo gasto ou aboar a diferenza á Asociación.

Unha vez feita as comprobacións o cliente recibirá Vales como medio de pago polos importes anotados e deberá entregalos posteriormente nos establecementos elixidos, momento no que poderá levar os artigos se así o permite o establecemento. Será responsabilidade do establecemento deixar levar os artigos con anterioridade.
Os establecementos que reciban os Vales terán que canxealos na Asociación presentando tamén a correspondente factura a nome da entidade para proceder ao pago.

SOBRE AS BASES

A Asociación e os establecementos participantes terán a bases de participación estando a disposición de calquera interesado.

A participación en Merca nas Pontes 2013, obriga ao establecemento adscrito e aos gañadores dos premios ao cumprimento de todas e cada unha das presentes bases.

A Asociación non será responsable dos danos e perxuicios que se deriven da operativa, excepto que os mesmos sexan ocasionados por unha actuación neglixente ou dolosa da Asociación.

O premio estará libre de imposto, e da liquidación ante facenda faise cargo a Asociación de Empresarios e Comerciantes das Pontes.

A Asociación terá plena potestade para interpretar, aclarar e modificar total ou parcialmente as presentes bases, sen incorrer por iso en responsabilidade algunha.


A Asociación agradece a todos os participantes a súa colaboración nesta nova edición.


www.mercanaspontes.com