PREMIOS

Entrarán nos sorteos todos os boletos recollidos polos establecementos ou os entregados no local da Asociación. Os boletos que non sexan premiados serán acumulativos dunha semana a outra e válidos para todos os sorteos da campaña.

Os días dos sorteos extraerase os boletos premiados de entre os recollidos polos establecementos e chamarase en directo ao gañador/a. A persoa terá que descolgar e responder nese intre, non poderá estar comunicando, saltar o contestador ou buzón de voz. Poderase repetir a chamada en caso de que ocorra algunha incidencia.

SORTEOS SEMANAIS:

Días 15, 22 e 29 de decembro en Radio Eume sobre as 13.00h en directo.
Premios: 3 premios de 100€ cada día en efectivo.

SORTEO FINAL:

Día 4 de xaneiro, Gala Solidaria no Cine Alovi. Hora por determinar anunciarase a través dos medios de comunicación e web.

Premios: un premio de 1.000€ e oito premios de 100€ cada un a gastar nos establecementos participantes.
 

mercanaspontes


www.mercanaspontes.com