Novas MercaNasPontes 2012
< 6 de 7 >
Campaña Merca nas Pontes 2012. Solidaria.
Asociacion Empresarios de As Pontes, mércores 12 de decembro de 2012
O día 10 deu comezo a campaña do nadal Merca nas Pontes 2012 que este ano retomará os sorteos semanais durante o mes de decembro. O primeiro dos sorteos xa se celebrará este sábado día 15 en directo, en radio eume sobre as 13.00h e repartiranse trescentos euros en efectivo.

Para que o cliente poida participar, bastará con mercar en calquera dos establecementos inscritos na campaña e a cambio recibirá un boleto que deberá cubrir correctamente co nome, apelidos, número de teléfono e selo do establecemento e depositarse en calquera das urnas dos establecementos participantes ou ben entregalo no local da Asociación de Empresarios e Comerciantes en horario de 9.00 a 13.00 h de luns a venres. Hai que destacar que os boletos que se vaian entregando serán válidos para todos os sorteos que se realicen durante a campaña polo que aínda que o cliente non saia afortunado na primeira semana terá opción nos vindeiros días.
Os establecementos participantes e demais información, pode consultarse na www.mercanaspontes.com ou a través do enlace de www.amigus.org

Lembrar tamén que este ano a campaña ten un obxectivo solidario xa parte dos ingresos recadados irán destinados ao banco local de alimentos contribuíndo así coas familias máis necesitadas da vila.
< 6 de 7 >

www.mercanaspontes.com