Novas MercaNasPontes 2012
< 7 de 7 >
COMPRAS SOLIDARIAS
Asociacion Empresarios de As Pontes, venres 23 de novembro de 2012
Desde o 10 de decembro ao 5 de xaneiro poñerase en marcha a campaña do nadal Merca nas Pontes 2012 organizada pola Asociación de Empresarios e Comerciantes.

Este ano ademais de incentivalas vendas haberá un obxectivo primordial que é a solidariedade con aquelas persoas máis necesitadas da vila. Unha parte dos ingresos obtidos na campaña irán destinados para tal fin.

Con esta actuación pretendese por un lado, concienciar ao conxunto da cidadanía sobre o esforzo que os establecementos participantes van facer pese aos momentos difíciles que están a atravesar e que son unha parte representativa importante do motor de As Pontes e por outro lado, reforzar o apoio que xa existe na nosa vila cara as familias máis necesitadas.

Así, os establecementos adheridos repartirán gratuitamente boletos entre os seus clientes para que poidan entrar nos sorteos semanais que serán acumulativos dunha semana a outra e válidos para o sorteo final do 12 de xaneiro. Os sorteos semanais realizaranse en directo desde a emisora local de radio, todos os sábados namentres dure a campaña. En total haberá máis de 2.500 € en premios aos que poderán optar os clientes que realicen as compras durante estes días.

Todo aquel establecemento, independentemente da actividade que desenvolva, interesado en participar nesta iniciativa ten ata o 30 de novembro para inscribirse.

Asemade, tense previsto realizar unha gala solidaria para o 12 de xaneiro cuxos detalles faltan por concretar e dos que se informarán máis adiante.
< 7 de 7 >

www.mercanaspontes.com