Novas MercaNasPontes 2012
< 1 de 7 >
MercaNasPontes2012
Asociacion Empresarios de As Pontes, luns 7 de xaneiro de 2013
Nove persoas foron as agasalladas no último sorteo da campaña Merca nas Pontes o pasado 4 de xaneiro no que se repartiron un premio de mil euros e oito premios de cen euros. O listado de gañadores pode consultarse na www.mercanaspontes.com. Estes afortunados/as recibirán os premios en forma de vales de compra para gastar durante os vindeiros días nos establecementos participantes da campaña.

Ese mesmo día tivo lugar a gala solidaria na que actuaron as escolas de baile da localidade e fíxose entrega tamén ao concelleiro de servizos sociais do donativo de trescentos euros que a Asociación de Empresarios e Comerciantes fai ao banco local de alimentos.

Ao final, un total de dezaoito persoas foron as premiadas durante toda a campaña que comezou o dez decembro e que rematou o pasado venres co sorteo final, repartíndose uns setenta mil boletos e máis de dous mil cincocentos euros en premios.

A entidade organizadora quere agradecer aos establecementos participantes o seu esforzo para participar nesta campaña e a fidelidade dos clientes nos nosos comercios. Asemade, agradecemento tamén para as organizacións que colaboraron na mesma.
< 1 de 7 >

www.mercanaspontes.com