top bottom
Bases MercaNasPontes 2012

ENTIDADE ORGANIZADORA

Asociación de Empresarios e Comerciantes. Información no Tfno 981 451153 (horario de 9.00 a 13.00 h. de L a V) ou no local da Avenida da Habana nº 59 baixo.

DURACIÓN

A campaña MERCA NAS PONTES 2012. SOLIDARIA será do 10 ao 31 de decembro de 2012 ambos incluídos.

ÁMBITO

A campaña realizarase no termo municipal de As Pontes.

PARTICIPACIÓN

CLIENTES.................. poden participar todos os clientes que fagan compra ou gasto en calquera dos establecementos inscritos.

ESTABLECEMENTOS..... pode participar calquera establecemento interesado independentemente da súa actividade económica sexa asociado ou non.
Os/as empresarios/as dos establecementos participantes, así como os seus empregados/as, poden participar nos sorteos en condición de clientes, con boletos selados por outro establecemento.

MECÁNICA DA CAMPAÑA

Para participar no sorteo o cliente pode obter os boletos durante os días da campaña en calquera dos establecementos inscritos que poderá identificar polo cartel anunciador.
Tamén poderá informarse a través das web www.mercanspontes.com ou www.amigus.org.
Os boletos obteranse gratuitamente por cada compra ou gasto que realice tendo en conta que é decisión do establecemento participante a cantidade de boletos que vai a entregar.
Para entrar nos sorteos, o boleto deberá cubrirse correctamente e levar o selo do establecemento participante. Despois, depositalo en calquera das urnas que estarán a disposición nos establecementos inscritos ou na oficina da Asociación no seu horario habitual.
A Asociación resérvase o dereito a non aceptar o uso de boletos que estean, rotos, deteriorados, ilexibles ou os conseguidos mediante fraude, roubo ou mala fe.
Os boletos serán destruídos unha vez finalice a campaña.

OBSERVACIÓNS

Este ano a campaña ten un obxectivo primordial, a solidariedade, polo que parte dos ingresos obtidos destinaranse ao Banco local de Alimentos.

Asemade, os establecementos que o desexen poden ter a disposición unha urna para posibles donativos dos clientes. Neste caso deberá poñerse en contacto coa Asociación.

As bases completas estarán a disposición na oficina da entidade.
A Asociación terá plena potestade para interpretar, aclarar e modificar total ou parcialmente as presentes bases, sen incorrer por iso en responsabilidade algunha.

HORARIOS COMERCIAIS

A Asociación de Empresarios e Comerciantes recomenda a apertura dos establecementos os seguintes días:

Decembro......Sábados 15, 22 e 29 pola tarde.


www.mercanaspontes.com